Sendeiro Periurbano de Ourense

Roteiro pola contorna verde que rodea a cidade, entre natureza e pequenos núcleos de poboación onde aínda se pode gozar da arquitectura tradicional do rural galego.

A ola ourensá está rodeada e protexida por un cinto verde de montes onde aínda é posible atopar pequenos núcleos de poboación que conservan o encanto do rural galego. Neste roteiro pasaredes por varios deles, polo que vos recomendados que o fagades con calma deténdovos a descubrir unha faceta da cidade que non moita xente coñece.

A ruta circular aquí proposta é só un bosquexo e ofrece moitas variantes. En Wikiloc podedes ver con detalle a que propoñen desde o Club Alpino Ourensano.

  • Distancia: 20-27 km
  • Dificultade: moderada
  • Tempo: 5-6 horas

Compartir

1
Ponte Vella
2
Portovello
3
Mende
4
Santomé
5
Encoro de Castadón
6
Ceboliño
7
Montealegre
8
Santa Mariña - O Monte
9
Zaín
10
Seixalbo
11
Río Barbaña

Ponte Vella

Mende

Santomé

Encoro de Castadón

Ceboliño

Montealegre

Santa Mariña - O Monte

Zaín

Seixalbo

Río Barbaña

Pechar

Iniciamos o noso percorrido na maxestosa Ponte Vella, desde onde seguiremos o camiño pola marxe esquerda do río até a desembocadura do río Loña. Aquí remontamos o curso do afluente até chegar ao colexio público de Mende.

Pechar
Capilla del Portovello

Antes de chegar á desembocadura do Loña pasaremos xunto á capela do Portovello, que lembra que aquí houbo, hai anos, un porto para dar servizo aos barcos que transportaban mercadorías polo Miño. Non foi único; tamén estaba o Porto Auriense, que vimos de deixar atrás, pois se atopaba xunto á Ponte Vella.

Pechar
Mende
title_grouping

Seguindo o curso do Loña chegaremos ao colexio de Mende, onde un estreito camiño nos levará á Verea Vella, camiño enlousado polo que comezaremos o ascenso até o conxunto arqueolóxico-natural de Santomé. Ao chegar á encrucillada, deberemos continuar pola pista da dereita.

Pechar

Camiñando por un bosque de sobreiras e piñeiros chegaremos ao antigo castro. Logo de visitalo descenderemos en dirección ao Loña até chegar ao encoro de Castadón. Polo camiño contemplaremos a pequena fervenza e as «marmitas de xigante», produto de séculos de erosión da agua na pedra.

Pechar
Encoro de Castadón
title_grouping

Saltando de pedra en pedra atravesamos este pequeno encoro que dá de beber á cidade. Desde aquí, tomamos unha pista asfaltada que nos leva polo camiño do Prisollo até a estrada da Derrasa, que cruzamos por un paso subterráneo para comezar a ascensión ao núcleo de Ceboliño.

 

Pechar
Ceboliño
title_grouping

A costa é dura pero paga a pena: desde a praza de Ceboliño gozaremos de espectaculares vistas sobre o val. Mentres contemplamos o cruceiro e as casas brasonadas deste núcleo rural, colleremos folgos para continuar o ascenso polo Camiño da Cal até Montealegre.

Pechar

Subiremos polas abas de Montelagere até chegar ao recinto do Parque Botánico, continuando polo seu interior até o punto máis alto, unha pena sobre a cidade onde se ergue unha cruz en pedra que substitúe moitas outras anteriores. Desde aquí, outra fermosa panorámica da cidade.

Pechar
Santa Mariña - O Monte
title_grouping

E dun mirador a outro. Unha pista de terra levarános desde Montealegre até Santa Mariña, cruzando a estrada da Granxa. Podemos parar a descansar nas mesas de pedra xunto á pequena ermida, gozando tamén de impoñentes vistas antes de continuar o descenso en dirección ás Coruxeiras.

Pechar
Zaín

A capela desta pequeno aldea emprázase nunha encrucillada de camiños, marcada por un cruceiro. Está dedicada á Nosa Señora da O.

Pechar
Seixalbo
title_grouping

Un tranquilo paseo por esta aldea, no Camiño de Santiago, fará que revivamos tempos pasados, cando os traballos do agro constituían a principal actividade diaria dos seus habitantes. Disto dan fe os seus edificios e rúas estreitas, ben conservadas e de forte raigame labrega.

Aquí tomaremos o antigo Camiño Real de volta até atopar o paseo fluvial do Barbaña.

Pechar
Río Barbaña
title_grouping

O camiño de volta ao centro urbano faise seguindo a maxe dereita deste afluente do Miño, a través dun paseo fluvial. Polo camiño atoparemos algún muíño abandonado e pasaremos ao carón de La Molinera, unha antiga panificadora reconvertida en centro de alfabetización dixital que aínda conserva a súa antiga chimenea.