A Catedral Basílica de San Martiño é, sen ningunha dúbida, un dos eixos monumentais de Ourense: o elemento que articula o Centro Histórico, a cidade medieval.

Como auténtico tesouro artístico e histórico que é, a súa visita require tempo para deterse a admirar a beleza e maxestosidade non só do edificio, senón de todos os segredos que garda no seu interior.

Para coñecela e gozala, recollemos aquí unha pequena guía de visita que comeza percorrendo o exterior, as catro portas onde se pode apreciar a evolución construtiva dunha obra que comeza no século XII e continúa case até os nosos días, para despois continuar paseando a xirola polas súas capelas interiores.

  • 1 Arte e patrimonio
Catedral de San Martiño
  • 2 Arte e patrimonio
Pórtico do Paraíso
  • 3 Arte e patrimonio
Capela Maior
  • 4 Arte e patrimonio
Capela do Santo Cristo
  • 5 Arte e patrimonio
Tesouros da Catedral

Monumento central de Ourense, ao redor do cal se artella Centro Histórico. É das máis antigas de Galicia, con torres que lle dan aires de fortaleza.

Unha emocionante sinfonía de cor construída en pedra en cuxas arcadas atoparemos os apóstolos, os profetas e os anciáns da Apocalipse tañendo os seus intrumentos.

Un belo retablo dourado centra o espazo, bañado pola luz que se filtra polo ciborio gótico.

Garda una das tallas máis coñecidas da cidade, un Cristo barroco de gran verismo rodeado de lendas.

Custodia o Misal Auriense, o libro máis antigo impreso en Galicia.