En cumprimento coa Lei 34/2002 do 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, o presente texto deixa constancia de que turismodeourense.gal, turismodeourense.com son espazos web propiedade do Concello de Ourense, con CIF P-3205500F e domicilio social en Praza Maior, 1 32005 Ourense. O correo electrónico para este sitio en Internet é turismo@ourense.es e o teléfono + 34 988 269531 / + 34 988 366064.

O Concello de Ourense informa que a web turismodeourense.gal, turismodeourense.com ten por obxecto ofrecer información turística sobre a cidade de Ourense.

O Concello de Ourense pon a disposición gratuíta dos/as usuarios/as as informacións recollidas neste sitio. O acceso ao mesmo implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal. O/a usuario/a debe ler este Aviso Legal, entendendo a súa aceptación polo mero uso dos servizos contidos neste sitio.

Autorízase a visualización, impresión e descarga parcial do contido da web só e exclusivamente cando concorran as seguintes condicións: 1) Que sexa compatibles cos fins da web turismodeourense.gal, turismodeourense.com , 2) Que se realice exclusivamente co ánimo de obter información para uso persoal e privado. Prohíbese expresamente a súa utilización con fins comerciais agás autorización previa do titular.

O/a usuario/a obrígase a usar  turismodeourense.gal, turismodeourense.com conforme ao presente Aviso Legal, a legalidade en vigor, a boa fe, a orde pública e os usos e costumes xeralmente aceptados.

Tanto o acceso a esta web coma o uso que se poida facer da información contida nela é de exclusiva responsabilidade de quen o realiza. O Concello de Ourense non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo derivado do devandito acceso ou uso da información.

O Concello de Ourense exclúe con toda a extensión permitida polo ordenamento xurídico calquera responsabilidade polos danos ou prexuízos derivados da conexión, servizos ou contidos das ligazóns a terceiros que figuran na web.

O Concello de Ourense resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contido na web, da configuración e presentación desta e das súas condicións de acceso.

O Concello de Ourense non garante a inexistencia de erros no acceso á web ou no seu contido, nin que este se atope actualizado, aínda que desenvolve os seus mellores esforzos para, no seu caso, evitar os erros, emendalos ou actualizalos.

O Concello de Ourense resérvase o dereito de introducir modificacións ou omitir parcial ou totalmente os actuais contidos deste sitio cando o considere oportuno, así como impedir ou restrinxir o acceso de forma temporal ou permanente.

EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE

O Concello de Ourense non ten a obriga e non pode controlar a utilización que do sitio turismodeourense.gal, turismodeourense.com fagan os usuarios. Non se garante que estes utilicen o sitio de conformidade co Aviso Legal, nin que o fagan de forma lícita e apropiada, e exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen deberse á ilícita, incorrecta, inapropiada ou inadecuada utilización que os usuarios realicen do sitio, dos seus servizos ou contidos.

O Concello de Ourense tampouco garante a privacidade e seguridade de utilización do sitio, e, en particular, non garante que terceiros non autorizados non poidan ter coñecemento da clase, condicións, características e circunstancias do uso que os usuarios fan do sitio.

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

O Concello de Ourense é titular dos dereitos de propiedade industrial referidos ás marcas rexistradas. Respecto das citas de servizos de terceiros, esta entidade recoñece a favor dos seus titulares os correspondentes dereitos de propiedade industrial e intelectual.

Así mesmo, os contidos da web, entendendo por estes de forma enumerativa e non limitativa textos, fotografías, bases de datos, deseños, contidos audiovisuais, etc. están suxeitos a dereitos de propiedade intelectual e industrial do Concello de Ourense e/ou terceiros, sen que poidan entenderse cedidos ao/á usuario/a ningún dos dereitos de explotación máis aló do estritamente necesario para o correcto uso do sitio.

O uso non autorizado da información e demais elementos contidos neste portal así como os prexuízos ocasionados nos dereitos de propiedade industrial e intelectual do Concello de Ourense darán lugar ao exercicio das accións que legalmente lle corresponden a esta Administración e, no seu caso, ás responsabilidades que dese dereito puidesen derivarse.