Descobre Ourense con Martiño

Dúas propostas moi especiais para que os máis pequenos descobran Ourense con outros ollos, da man deste simpático león, recén saído do escudo da cidade.

Un divertido xogo de pistas e observación polo Centro Histórico e un paseo pola Ruta Termal do Miño cheo de segredos para descubrir cos cinco sentidos son as dúas propostas coas que Ourense se achega aos pequenos visitantes da casa. Da man de Martiño, un simpático león recén saído do escudo da cidade, convidámosvos a descubrir a cidade dun xeito diferente e divertida, con dous plans para facer en familia e gozar aprendendo xuntos.

Para comezar estas aventuras simplemente teredes que ir á Oficina Municipal de Turismo de Ourense e solicitar a vosa ruta infantil. Estade moi atentos ás instrucións de cada unha, así como aos datos e curiosidades que se recollen, e mantede os ollos ben abertos. Logo da visita, podedes pasar un bo tempo coloreando ou resolvendo algún dos pasatempos que atoparedes en cada folleto.

Descobre Ourense con Martiño – Centro Histórico.

A Cidade Vella está chea de escondedeiros y recunchos nos que atopar a Martiño e aos seus amigos. Abride ben os ollos e comezade buscar leóns, seredes capaces de respostar á pregunta final?
Descargar folleto Descargar soluciones

Descobre Ourense con Martiño – O río Miño e as termas

Os 6 kilómetros da Ruta Termal del Miño gardan moitos secretos: o son da agua, a magnífica vexetación, os paxaros e demais animaliños… e por suposto, as zonas termais de Ourense, coa súa auga quente lista para o baño! Acompaña a Martiño e á súa amiga Calpurnia nste divertido paseo.
Descargar folleto