Camiño de Santiago

A presenza de augas termais, gran alivio para os pés do camiñante, xunto coa súa situación estratéxica, fixeron de Ourense un fito no Camiño de Santiago desde os seus inicios. Hoxe segue a ser parada obrigada no Camiño Mozárabe - Vía da Prata, o que seguen os camiñantes do sur da Península Ibérica.

O Camiño Mozárabe – Vía de la Plata

O Camiño Mozárabe é a ruta xacobea de maior percorrido: conectando Sevilla con Santiago de Compostela, é a prolongación dunha antiga calzada romana que unía Mérida con Astorga. Esta vía mantívose viva na Alta Idade Media, primeiro cos visigodos e despois baixo dominación islámica (de feito o nome de Vía de la Plata vén da denominación en árabe «bal’latta»). Os cristiáns mozárabes recristianizárona na Baixa Idade Media, cando comezan as peregrinacións desde Andalucía e Estremadura.

O peregrino que segue a antiga Vía de la Plata toma o desvío en Granja de la Moreruela (Zamora), desde onde hai dous posibles itinerarios a Santiago (un por Laza e outro por Verín) que desembocan en Ourense.

Desde aquí cúmprense os 100 quilómetros até Santiago, o percorrido mínimo para conseguir a Compostela a pé. Por que non escoller Ourense como principio de ruta para facer o camiño?

A credencial do peregrino

A credencial do peregrino é o pasaporte no que se cuñan os distintos selos das etapas a Santiago. É necesaria para durmir nos albergues e para obter a Compostela, o documento do cabido que certifica a realización da
peregrinación por motivos relixiosos ou espirituais. Para conseguila hai que acreditar polo menos 100 quilómetros a pé ou dacabalo ou 200 en bicicleta.

En Ourense, a credencial pódese adquirir tanto na catedral (988 220 992) como na Asociación de Amigos do
Camiño (988 391 110). Recoméndase confirmar os horarios de venda.

Sinalización

cunchaAtopar o sinal coa cuncha amarela significa que se está no bo camiño. Símbolo
de vida e evocación da auga, a cuncha de vieira é a principal icona do peregrino,
e representa a converxencia dos múltiples camiños de Europa en Santiago. Serve para identificar o percorrido, non a dirección; para iso, hai que seguir as frechas amarelas que o sinalan.

Na provincia de Ourense, ademais, atoparanse moitas pedras do escultor Carballo
para orientarse. Cada unha é diferente. Descúbraas.

O Camiño en Ourense

Ourense recibe ao peregrino no núcleo rural de Seixalbo, un Conxunto de Valor Etnográfico que aínda conserva
a súa traza medieval. Desde aí, o Camiño entra na cidade desde o sur, pola avenida de Zamora e a rúa Progreso até As Burgas, visita obrigada do peregrino desde a Idade Media.

Unha suave subida leva á Praza Maior, desde onde xa se avista a Catedral de San Martiño, templo románico de transición onde ademais de visitar a capela do Santo Cristo, merece unha parada o policromado Pórtico do
Paraíso. Nas rúas contiguas, a zona de Viños, ideal para descubrir lo mejor de la gastronomía local en forma de tapas e petiscos.

Desde a Praza dos Suaves un pode desviarse para facer noite no albergue de peregrinos, situado no Conxunto Monumental de San Francisco: un antigo convento do que se conservan o claustro gótico e o cemiterio.

O Camiño continúa pola Ponte Vella, a máis antiga da cidade. Tras cruzala, hai tres alternativas.

  • O desvío leste conduce pola Avenida de Santiago até o antigo Camiño Real, que leva até a aldea de Cudeiro.
  • O desvío norte, en troques, segue o trazado da estrada N-120 até a costa de Canedo.
  • Unha variante polo oeste discorre pola ruta termal do río Miño, un corredor verde salpicado por cinco zonas termais nas que darse un baño, que conecta co desvío norte en Quintela.

Onde durmir

Lembrando a antiga hospitalidade franciscana, o albergue atópase nunha antiga capela desta orde, un marco incomparable que se asoma á historia de Ourense. Esta é a primeira gran cidade despois de moitos
quilómetros de Camiño, polo que talvez prefiran un aloxamento alternativo: hoteis e pensións nos que gozar dun descanso reparador, pero tamén do animado ambiente urbano e a paz das termas.
Leer más

deinterescamiño

Enderezos e teléfonos de interese

Catedral de Ourense

Adquisición e sellado da credencial do peregrino.

988 220 992

Asociación de Amigos Via da Prata – Camiño Mozárabe

Atención e información ao peregrino. Adquisición e selado de credenciais.
Praza das Damas S/N (CEO) Ver en mapa 988 391 110
Otros servicios

Compartir

camino-de-santiago

albergue
Albergue de peregrinos

Albergue oficial del Xacobeo, situado en la capilla del antiguo convento de San Francisco, en la parte alta de la ciudad.

Albergue oficial del Xacobeo, situado en la capilla del antiguo convento de San Francisco, en la parte alta de la ciudad.

Ler máis

Consellos para o Camiño

Ideas, recomendacións e pistas para que o teu camiño sexa unha experiencia perfecta.

Ideas, recomendacións e pistas para que o teu camiño sexa unha experiencia perfecta.

Ler máis