Coa súa localización privilexiada, un val sucado de ríos e rodeado por montes e outeiros, Ourense agocha unhas paisaxes naturais de grande beleza que paga a pena explorar, comezando polos seus ríos. Camiñar as beiras do Miño é descubrir todo un mundo de pequenos animais e bosques de ribeira onde perderse, percorrendo sendas que se estenden polos seus afluentes, quilómetros e quilómetros de natureza.

Se ascendedes polas ladeiras do seu cinto verde até as zonas de Cudeiro, Vilar, Palmés ou Seixalbo, non só gozaredes de vistas impresionantes sobre a cidade das pontes, senón que atoparedes núcleos rurais que aínda conservan a súa arquitectura tradicional. Nos seus antigos camiños, camuflados entre a vexetación do bosque ourensán (dacabalo entre o atlántico e o mediterráneo), agárdanvos rutas de sendeirismo e bicicleta, ideais para mergullarse nese Ourense verde, todo un gran descoñecido.

Se quedades con gañas de máis, aquí tedes un campamento base ideal para descubrir unha provincia onde a natureza faise lenda: os cañóns do río Sil, o Parque Natural do Invernadoiro, o da Baixa Limia-Gerés, as montañas nevadas de Pena Trevinca…

  • 1 A cidade
  • 1 Ocio
Ríos de Ourense
  • 2 A cidade
  • 2 Inspírate
Sendas verdes
  • 3 A cidade
  • 3 Ocio
Espazos naturais
  • 4 A cidade
Sendeiro Periurbano de Ourense
  • 5 A cidade
Parque Botánico de Montealegre

En Ourense flúen tres grandes ríos, varias decenas de regatos e un cento de regachos. A cidade é a filla do Miño e das Burgas, un val fértil que non existiría sen a presenza da auga.

Unha forma distinta e saudable de coñecer Ourense é saír do seu núcleo urbano para descubrir a súa contorna verde, ideal para practicar sendeirismo. A suave orografía convida a facer longas camiñadas percorrendo paisaxes e lugares de grande interese natural, histórico e etnográfico; corredores, camiños e pistas que vos levarán por lugares máxicos.

Sendeiros xunto ao río, roteiros entre bosques, parques urbanos, miradoiros panorámicos …

Roteiro pola contorna verde que rodea a cidade, entre natureza e pequenos núcleos de poboación onde aínda se pode gozar da arquitectura tradicional do rural galego.

Montealegre é o gran parque forestal de Ourense, e conta co bosque mediterráneo situado máis ao noroeste de toda Europa.