Carreiras e running

Sendo unha cidade máis ben chaira, Ourense préstase ao running: os 12 quilómetros de senda verde nas beiras do Miño (popularmente coñecidos como a «Ruta do Colesterol») son un lugar ideal para practicalo, aínda que tamén para percorrelos en bicicleta ou simplemente dando un paseo. Posiblemente neles adestren moitos dos futuros participantes da Carreira de San Martiño, un dos principais acontecementos deportivos da cidade, con case catro décadas de historia. Trátase unha carreira urbana de case 10 quilómetros homologable para diferentes probas e na que cada ano participan máis de 10.000 corredores.

O resto do ano celébrase Correndo por Ourense, un circuíto de carreiras populares polos diferentes barrios da cidade. Os máis ousados tamén poden atreverse coas carreiras de obstáculos: seguro que o Miño Radikal estará á altura de as expectativas.

Tampouco perdades…

rutas verdes

>

Sendas verdes

Para os que preferides rutas máis longas e gozando da natureza, lembrade que o cinto verde que rodea Ourense é un sitio ideal para practicar o sendeirismo.
Ver máis

deinterescamiño

Camiño de Santiago

Non é exactamente un deporte, máis ben unha experiencia vital. Se sodes dos que vos gusta botarvos quilómetros ás costas, o Camiño de Santiago é unha experiencia que non esqueceredes. Por que non escoller Ourense como a vosa primeira etapa?
Ver máis

O Rallye de Ourense

A paixón polo automobilismo en Ourense ten nome propio, o do piloto e empresario Estanislao Reverter. En 1967 organizou o primeiro rallye da cidade, a imaxe das probas nas que el competía por toda Europa. Foi todo un éxito e enseguida situouse como unha das probas máis importantes de España: hoxe, case medio século despois, goza de excelente saúde, atraendo cada verán a miles de afeccionados do motor de todo o país. É proba puntuable no Campionato de España de Rallye de Asfalto.

alpincheA figura de Reverter está unida á Escuadra Ourense, que el fundou. Sempre ao temón do rallye, creou escola na cidade, formando pilotos locais que souberon facerse un oco no automobilismo español.

Unha estatua no centro da cidade, ao final da rúa do Paseo, homenaxea a Estanislao Reverter e o seu coche Alpinche, un Renault Alpine con mecánica Porsche que chegou a converterse nunha lenda do automobilismo en Galicia.

Tenis e pádel

O Club Santo Domingo leva desde finais dos anos 70 recibindo aos afeccionados ás raquetas nas súas 6 pistas de tenis exteriores. Xunto coas 4 dispoñibles no Complexo Deportivo Monterrei suman unha oferta de 10 pistas na cidade. A moda do pádel chegou tamén a Ourense, con varias instalacións para practicalo, como en Oira ou nos polígonos de San Cibrao ou As Coiñás.

Golf

A cidade conta co seu propio campo a 5 quilómetros do centro urbano, no Montealegre Club de Golf, un percorrido de 18 buracos. Nas beiras fluviais do Miño, próximo á fonte de O Tinteiro, atópase o minigolf Bolavai, ideal para unha tarde con nenos.

Piscinas

As piscinas ao aire libre son unha auténtica bendición cando apertan as calores do verán ourensán, especialmente para os pequenos da casa, que as aproveitan como ninguén. A beiras do río Miño, na zona de Oira, atópanse as únicas piscinas municipais de acceso gratuíto, aínda que tamén son moi populares as do Complexo Polideportivo de Monterrei, especialmente a piscina de ondas.

Durante todo o ano tamén esta dispoñibles as instalacións de Aqa Ourense, no Campus Universitario, o Pavillón Polideportivo dos Remedios, o centro Pádel Oira ou o Centro Serviocio das Eiroás: todas contan con piscinas exteriores e interiores, así como spa e sauna.

Instalacións deportivas

deportes pavremedios

Pavillón Polideportivo dos Remedios


Máis de 27.400 m2 repartidos en varias canchas exteriores e interiores de fútbol e baloncesto, ximnasio de musculación e multiusos, módulo de atletismo, pista de pádel, dúas piscinas interiores con circuíto de hidroterapia e unha exterior. Zona de skatepark de libre disposición.

Avenida Pardo de Cela S/N Ver en mapa 988 370 539

www.deportesourense.com

deportes pavoira

Complexo Deportivo de Oira


Campo de fútbol 11 e 8, volei de praia, hangar de piragüismo e piscinas exteriores de uso gratuíto (só en tempada) a beiras do río Miño.

Paseo Fluvial de Oira S/N Ver en mapa 988 219 785

www.deportesourense.com

Pazo dos Deportes Paco Paz

Finca Sevilla S/N Ver en mapa 988 317 900

www.pazopacopaz.es/