Albergue de peregrinos

Albergue

Rúa da Barreira, 12, 32005

Ver no mapa

Admisións: 13.00-22.00 h

981 900 643 | 902 112 00

www.caminodesantiago.gal

Albergue oficial do Xacobeo, a carón das fontes termais das Burgas.

Inaugurado en 2018, trátase do albergue oficial do Xacobeo na cidade. Ocupa un fermoso edificio rehabilitado no corazón del centro histórico de Ourense, nun espazo privilexiado na rúa da Barreira, a escasos metros das fontes das Burgas e a súa  piscina termal.

O albergue ten capacidade para 42 peregrinos y conta con cociña (sen utensilios), así como tres zonas de dormitorio distribuídas nos tres andares superiores do edificio. En cumprimento coas medidas de accesibilidade vixentes, está adaptado para persoas con mobilidade reducida.

O albergue recibe o seu nome en homenaxe a  Eligio Rivas Quintas,  un dos precursores no estudo e difusión dos valores asociados ao Camiño, particularmente, á Vía da Prata ou Camiño Mozárabe. De feito, o centro inclúe un espazo de divulgación e interpretación desta vía xacobea, a de maior percorrido.

O albergue non admite reservas de praza. Acceso limitado a peregrinos con credencial.