Alda Estación Ourense

Hotel

San Paio, 6, 32001

Ver no mapa

988 091 125

estacionourense@aldahotels.com

https://estacionourense.com/

Hotel de recente construción na contorna da estación de tren.

De nova construción, o Hotel Alda Estación Ourense presenta un deseño moderno e actual, prestando atención a cada detalle. Situado nun edificio ecorresponsable, aquí as novas tecnoloxías están presentes para o máximo confort dos hóspedes.

O establecemento dispón de 26 habitacións en diferentes categorías, adaptadas a persoas con mobilidade reducida, todas equipadas con aire acondicionado, televisor e internet WiFi. Todos os días sérvese almorzo buffet e conta con servizo de lavandaría.

O hotel destaca pola súa localización, na contorna da estación de tren, con excelentes conexións co resto de Galicia e España e próximo ás zonas termais do Miño.

A súa páxina web admite reservas online.