Barceló Ourense

Hotel

Rúa Curros Enríquez, 1, 32003

Ver no mapa

988 371 811

ourense@barcelo.com

https://www.barcelo.com/es/barcelo-hotels/hoteles/espana/ourense/barcelo-ourense/

Habitacións con vistas nun doços edificios máis altos da cidade.

Situado no emblemático edificio d’A Torre en pleno centro de Ourense, o recentemente estreado Barceló Ourense (apertura xuño 2018) preside o tamén céntrico Parque de San Lázaro. Conta con 90 habitacións, cómodas, espaciosas e de coidado deseño, dotadas de aire acondicionado, televisión vía satélite e Wi-Fi gratuíto. Existen habitacións adaptadas para personas con mobilidade reducida.

O hotel, de catro estrelas, dispón dun servizo especial para profesionais e para a organización de reunións de traballo e congresos, con 5 salóns con capacidade para 120 prazas e dotados de todo tipo de equipamiento audiovisuais. As instalacións inclúen un restaurante buffet no que gozar do fabuloso almorzo B-Likeat e un lobby-bar cafetería, ademais de servizo de habitacións e lavandaría.

En pleno centro de Ourense, a escasos metros do inicio da rúa do Paseo, a principal arteria comercial, a situación do hotel facilita o desprazamento dos seus clientes polos principais puntos turísticos e de lecer da cidade.