Centro Cultural José Ángel Valente

Rúa do Paseo, 20, 32003

Ver no mapa

Martes a Sábado: 11.00-13.30 h / 18.30-21.30 h. Domingo: 11.00-13.30 h Luns e festivos: pechado

606 968 321

www.ourensecultura.com/BancoEspanha/inicio

Espazo multiusos dedicado á actividade cultural de Ourense, ocupa a que foi sede do Banco de España

Leva o nome dun dos poetas máis universais de Ourense. No seu tempo foi o edificio que se levantou para sede do Banco de España, inaugurado en 1930. En 2010 remodelouse mantendo a decoración orixinal, pero adaptando a planta baixa para dedicala á actividade cultural da cidade, sobre todo exposicións. A sala municipal ocupa só a planta baixa, mentres que as superiores son oficinas do Catastro, con entrada independente pola rúa Concordia.

O edificio, de 1929, foi realizado polos arquitectos Juan de Zavala Lafora e José Yarnoz Larrosa. O primeiro foi colaborador de Le Corbusier e a segundo Medalla de Ouro de Belas Artes e membro da Academia de San Fernando. O proxecto de rehabilitación supuxo o seu baleirado completo, respectando a tipoloxía do orixinal e os elementos de interese patrimonial. Así, consérvase intacta a fachada exterior, con saída á rúa do Paseo, as carpintarías da planta baixa e a configuración espacial da planta nobre.

Espectacular é a elegante vidreira que achega luz ao espazo, unha magnífica restauración da orixinal que pecha o patio central do edificio.