Centro de Interpretación das Burgas

Rúa do Vilar, 8, 32005

Ver no mapa

Martes-Venres: 10.00-14.00 h

988 250 103 | 988 366 064

Cinco salas dedicadas a explorar a historia das aguas termais en Ourense.

É difícil explicar nun parágrafo a historia das Burgas. Para comprender mellor este lugar (declarado Ben de Interese Cultural en 2007), este centro de interpretación achéganos á súa evolución a través de cinco salas. Grazas a elas comprenderemos a súa orixe, a súa composición, as súas lendas e a súa relación co nacemento da cidade; a antiga devoción a través das aras ou o camafeo; como perviviron na Idade Media, ou a relación entre estas augas e as peregrinacións xacobeas.

Resultado das múltiples escavacións arqueolóxicas realizadas na zona, este centro é un espazo para a investigación e divulgación do patrimonio arqueolóxico-termal de Ourense.

Con entrada pola rúa Villar (aínda que tamén se pode acceder desde o propio bulevar), conta con cinco salas expositivas, unha de lectura e unha de audiovisuais, que convidan ao visitante a coñecer mellor o principal patrimonio da cidade, as súas augas termais.

A exposición divídese en 5 áreas temáticas:

1. Entrada, «Introdución ao mundo das augas salutíferas»: dúas piscinas con simétricas columnas simbolizan o nacemento das Burgas, reproducindo motivos e textos descritivos que nos introducen na cultura termal ourensá, desde as lendas até a xeoloxía.

2. «Auga, paisaxe e territorio»: mostra a composición das augas e os seus usos terapéuticos, vinculándoos coas orixes da cidade de Ourense, que naceu termal.Camafeo dás Burgas

3.«Balnearios»: mediante o tratamento do pavimento e os xogos de luz, evócase aquí a imaxe dunha piscina balnearia, incorporando unha reprodución do cinco aras votivas atopadas na zona, así como un camafeo romano, símbolo e imaxe do Centro. Evócase así o culto ás deidades das augas.

4.«Termas»: a sala está dedicada á balnea, o tipo máis común de terma romana. Os paneis explicativos dan conta do funcionamento destas instalacións, que aproveitan a calor da auga termal para os baños quentes, o chamado hipocausto.

5.«Abandono e recuperación»: pantallas e vitrinas recollen aquí referencias aos balnearios medievais, os usos da auga e a relación entre As Burgas e as peregrinacións xacobeas.

A visita complétase cun paseo polo Bulevar peonil das Burgas, nas traseiras do centro. Trátase dunha zona verde que conecta as rúas da Burga e o Baño e que funciona como museo ao aire libre. Aquí pódense visitar algúns dos achados arqueolóxicos da zona: tres pozos contemporáneos, unha tumba medieval, estruturas murarias romanas da balnea das Burgas e a piscina santuario de Revve Anabaraego, datada no século I d.C. e única na Península.