escolma de escultura

Escolma de escultura

Ver no mapa

Martes a Sábados: 9.00 a 21.00 h Domingos: 9.30-14.30 h

988 230 430 - 988 223 884

www.musarqourense.xunta.es/o-museo/sala-actual/

Unha sala na fermosa contorna de San Francisco dedicada a divulgar os fondos do Museo Arqueolóxico Provincial.

A ampla reforma na que se atopa inmerso o Museo Arqueolóxico Provincial, no histórico Pazo Episcopal de Ourense, obrigou ao peche temporal do edificio e a apertura desta sala temporal xunto ao Claustro de San Francisco, na parte alta da cidade. O espazo que foi antiga capela da orde franciscana alberga agora exposicións temporais que ofrecen unha panorámica representativa dos amplos fondos deste museo, desde os chamados «guerreiros galaicos» á escultura renacentista.

Ademais, a sala mantén periodicamente a actividade «Peza do mes», que ten por obxecto profundar no coñecemento histórico, artístico e material dunha peza pertencente ás coleccións do museo. Cada segundo mércores de mes realízase a presentación da peza elixida, que permanece exposta todo o mes acompañada dun estudo pormenorizado da súa historia particular, o seu contexto histórico e as súas características formais e de estilo.