Estación termal de Outariz

Lugar de Outariz S/N, 32001

Ver no mapa

Luns, mércores, xoves: De 10.00 a 00.00 h Martes: pechado Venres: De 10.00 a 02.00 h Sábado: De 9.30 a 02.00 h Domingo: 09.30 a 00.00h

988 364 650

termasoutarizrecepcion@yahoo.es

www.termasoutariz.com/

Un lugar de paz e relaxación a través das augas termais.

A estación termal de Outariz inspírase na cultura balnearia de Xapón, o Onsen, baseada nos principios de respecto e harmonía coa natureza. Lugar de paz e tranquilidade, trátase dun espazo onde gozar dunhas horas de relax e evasión ao alcance de calquera. O recinto termal, con capacidade para 180 persoas, dispón de 11 termas exteriores e 3 interiores organizadas en 2 circuítos:

  • Circuíto Zen: coas súas augas calmas e as construcións en madeira e pedras ovaladas, está deseñado para a relaxación e a meditación.
  • Circuíto Celta, inspirado na arquitectura dos castros, con termas construídas en pedra. As augas teñen máis movemento, chorros, burbullas e fervenzas. Especialmente indicado para eliminar tensións e contracturas musculares.

Os circuítos contan con rotenburos e ofuros (termas tradicionais xaponesas), chorros de gravidade, jacuzzi, toneis de auga fría para baños de contraste, covas, saunas e un gran spa con efectos de correntes, géyser, catarata e camas de auga. Todo disposto nunha contorna única con vistas ao Miño, rodeada de vexetación.

A experiencia termal pódese completar cunha masaxe ou con algún dos tratamentos de beleza dispoñibles: baños aromáticos, chocolaterapia, viñoterapia, envolturas (barro, algas, té…), tratamento hidratante, peeling, etc.

A estación termal de Outariz dispón tamén de servizo de bar, disposto na zona superior das instalacións, cunha ampla terraza exterior onde gozar dun refrixerio e hidratarse despois do baño. Ademais de refrescos e bocadillos, a carta conta tamén con especialidades xaponesas, incluíndo o sushi.

Para a organización de eventos e reunións, conta cunha sala multiusos de gran capacidade e unha zona de baño reservada.