Fonte do Tinteiro

Paseo do Tinteiro, s/n, 32001

Ver no mapa

Unha das fontes termais máis queridas na cidade.

Manancial nas beiras do Miño moi querido e visitado na cidade, a cuxas augas termais a tradición atribúe importante propiedades terapéuticas, especialmente no coidado das afeccións da pel.

A fonte atópase nun miradoiro construído en madeira sobre o leito do río, con magníficas vistas da contorna e ao que se accede por unha senda peonil que comeza na próxima A Chavasqueira, que se atopa a 500 metros.

As augas desta fonte termal son bicarbonatadas, sódicas, fluoradas e de mineralización débil, manando a unha temperatura de 43º C.