Iglesia de los franciscanos

Igrexa dos Franciscanos

Xaquín Lorenzo, 7, 32003

Ver no mapa

Apertura segundo culto

Orixinaria do mosteiro de San Francisco, esta pequena igrexa entre grandes edificios modernos agocha nos capiteis da súa fachada a imaxe dun gaiteiro.

Construída no século XIV no alto da cidade (onde aínda se conserva o claustro), trasladouse en 1929 ao Parque de San Lázaro. Constreñida por edificios modernos, nos capiteis profusamente decorados da súa fachada atoparemos, se detemos a mirada, a figura dun gaiteiro.

A igrexa, dunha soa nave e cun interior recuberto de madeira, conserva sepulcros góticos do século XVI, pertencentes á familia Noboa, señores de Maceda, e á dos Cadórniga. De final labra, neles prodíganse as armaduras e brasóns nobiliarios.

A fachada presenta no corpo superior un rosetón, e a porta, decorada con triple arquivolta, atópase centrada con dous contrafortes. Columnas de fuste liso e estriado con capiteis fitomorfos, zoomorfos e mesmo antropomorfos (un gaiteiro) decoran a portada.