Tesouros da Catedral

Interiores da Catedral. Acceso pola Porta Sur (Praza do Trigo), 32005

Ver no mapa

Luns a Sábado: 11.00 - 14.30 h | 16.00 -19.00 h Domingos: 13.00-15.00 h | 16.00 - 19.00 h

608 505 531

courense@artisplendore.es

www.catedralourense.com/

Custodia o Misal Auriense, o libro máis antigo impreso en Galicia.

A Catedral de Ourense puido ter un claustro gótico (s. XIII-XIV) pero só chegou a completarse unha esquina do mesmo. Este espazo foi despois recuperado para albergar os tesouros do templo, a modo de pequeno museo. Singular tanto polo seu contido como polo seu emprazamento (só a contemplación dos poucos capiteis realizados xa merece unha visita), garda pezas únicas coma o Misal Auriense, un incunable de 1494 considerado o primeiro libro impreso en Galicia.

O Museo Catedralicio de Ourense enmárcase dentro de a Claustra Nova, o inconcluso claustro da basílica proxectado a finais do século XIII.  Accédese a través dunha porta de clara influencia mateana con dobre arquivolta de medio punto decorada e un tímpano representando o Agnus Dei (1200). A estancia está formada sobre altos basamentos, columnas encostadas e nichos cubertos con doseis góticos, arcos apuntados e bóvedas cuatripartitas.

O tesouro de San Rosendo conta cunha colección de pezas de xadrez en cristal de roca, unha auténtica xoia da arte exipcia medieval.

O museo inaugurouse en 1954, con obras procedentes da Catedral e os procesos de Desamortización, experimentando unha renovación recente. Entre os seus tesouros garda pezas de excepcional calidade, coma o chamado «Tesouro de San Rosendo», un conxunto de pezas procedentes do Mosteiro de Celanova dos séculos X ao XIII entre as que atopamos peites litúrxicos, un báculo de marfil e 8 figuras de xadrez Fatimí (arte do Exipto medieval) elaboradas en cristal de roca e nas que, como curiosidade, os cabalos foron substituidos por elefantes.

Singular é tamén o Misal Auriense (Monterrei, 1494), un incunable coa honra de ser o libro impreso en Galicia máis antigo que se conserva.

De gran calidade son as pezas exemplo da ourivaría relixiosa colonial, como o candeeiro de prata de estilo Barroco (1690), a Cruz Procesional (1515, agasallo do conde de Benavente), a Cruz de Azabache (orixinaria de obradoiros leoneses, con data de 1497) e unha serie de esmaltes de Limoges que pertenceron a unha arqueta do século XII. Dado que Ourense non ten costa, non deixa de ser curioso ademais atopar aquí, entre cálices e pinturas relixiosas, varios exvotos de barcos.