Museo Circo de los Muchachos

Bailén, 6, 32005

Ver no mapa

Luns - Venres: 17.00 - 20.00 h Fins de semana: cita previa

600826318

circomuchachos@gmail.com

Un espazo para lembrar a maxia do circo que situou a Ourense no mundo.

A finais da década dos 50 fúndase en Ourense, moi preto de Seixalbo, a “Ciudad de los Muchachos”: proxecto educativo, espazo de autoxestión xuvenil, utopía… Unha iniciativa do padre Jesús Silva Méndez (máis coñecido como Padre Silva) para mozos de distintas procedencias que axitou o Ourense dos anos 60 e que culminaría coa creación da primeira escola de circo de España, cuxa fama traspasou fronteiras.

O proxecto inicial ocupou varios espacios en Ourense, e asentaríase no anos 60 coa adquisición da finca de Benposta, moi preto de Seixalbo.  Aquí foi tomando forma unha «cidade» xestionada de forma directa por nenos que chegou a ter concello (con eleccións democráticas), un banco que emitía a súa propia moeda, supermercado, gasolineira e escolas. A creación do circo catapultounos á fama; unha (entón pioneira) performance sen animais que viaxou por Europa, Asia e América, actuando en escenarios coma o Grand Palais de París ou o Madison Square Garden en Nova York.

O Museo Circo de los Muchachos, promovido pola Asociación Cultural Padre Silva (creada á morte deste en 2011) pretende recuperar a memoria deste “espazo socio-educativo de integración e formación” hoxe desaparecido.

Carteis, panfletos e fotografías, recortes de prensa, audiovisuais e mesmo traxes e outros obxectos integran esta curiosa colección que busca perpetuar o recordo dun proxecto singular que levou o nome de Ourense por todo o globo.