Museo Municipal

Rúa Lepanto, 8, 32005

Ver no mapa

Martes- sábados: 11.00-13.30 h y 18.30-21.30 h Domingos: 11.00-13.30 h

988 248 970

www.ourensecultura.com/MuseoMunicipal

Arte contemporánea nun antiguo pazo renacentista.

Construción renacentista do século XVI, foi a casa solariega dos Méndez Montouto e desde 1987, museo municipal de Ourense. Dos seu tres pisos, os dous primeiros acollen exposicións temporais de arte contemporánea, mentres que o último se dedica a unha mostra permanente do gravador ourensán Julio Prieto Nespereira.

Está situado na rúa Lepanto, antigamente rúa da Obra, nome que talvez perpetúe aos canteiros medievais que traballaron na catedral (desde aquí podemos contemplar a súa Porta Norte). Esta rúa é hoxe una das máis concorridas dos Viños, a zona de tapeo da cidade por excelencia.

Os fondos do Museo custodian obras de Prego de Oliver, Trabazo, Prieto de Nespereira, Cándido Fernández Mazas, Nelson Zumel, Xaime Quessada Porto, Alexandro, Carlos Lanuxe, Vidal Souto, Rafael Úbeda, Bóveda…
A colección de Prieto Nespereira, exposta de forma permanente, está formada por 54 obras de carácter inédito de todo tipo que varían no tempo e permiten gozar de debuxos (de 1914, 1916, 1918…), óleos (de 1918, 1928…), acuarelas, tintas, gouache, etc. Nalgúns casos representan bosquexos de ilustracións para as lembradas revistas Blanco e Negro e La Billarda, editadas a principios do século XIX; tamén bosquexos do seu estudo con compañeiros e personaxes ilustres da época ou caricaturas, como a do seu amigo Vicente Risco.