Piscina termal das Burgas

Rúa das Burgas, S/N, 32005

Ver no mapa

Martes-Domingo: 10.00-13.00 h | 17.00-21.00 h Luns pechado por mantemento

termalismo@ourense.es

termalismo.ourense.es

Unha piscina ao aire libre onde gozar dunha experiencia termal única, rodeada por dous mil anos de historia.

Esta instalación termal no corazón do Centro Histórico de Ourense é única na Península: unha lámina de case 200 m2 de auga termal ao aire libre que nos permite gozar dun baño incomparable contemplando a arte, a historia e os monumentos que nos rodean.

A piscina termal é a mellor forma de descubrir os mananciais das Burgas, emblema de Ourense, cuxa auga a máis de 60º C foi utilizada durante séculos con fins terapeúticos, relixiosos e tamén lúdicos. Nela pódense experimentar en primeira persoa as mesmas sensacións que gozaron os primeiros poboadores romanos de Ourense, que construíron xusto a carón desta piscina a súa propia casa de baños, unha balnea cuxos restos se poden visitar despois.

Nesta instalación a auga arrefríase até os 38-40º C, permitindo o baño perfecto en calquera época do ano, nun espazo para a relaxación e o benestar. As augas son de mineralización media, alcalinas e litínicas, propiedades que coidan a pel e destensan os músculos.

A piscina termal das Burgas é de acceso gratuíto e conta con vestiarios e consignas para gardar pertenzas. Ademais dun baño, é posible gozar da súa sauna húmida ou descansar ao sol na súa terraza, completando unha experiencia que engancha: quen proba, sempre repite.

Non se admiten visitas media hora antes do peche das instalacións.