Praza do Ferro

Plaza del Hierro, s/n, 32005

Ver no mapa

Antigo mercado de utensilios de labranza, é a entrada natural dos «Viños», a zona clásica de tapeo e tabernas en Ourense.

Encrucillada de camiños máis que praza, aquí celebrouse durante séculos o mercado de utensilios de labranza, quincalla e potes, costume que acabou dando nome a este recuncho. Aquí desemboca a rúa Santo Domingo, de animada vida comercial, e comezan as d’«Os Viños», a zona de tapeo por excelencia de Ourense.

De planta case triangular, está centrada por unha fermosa fonte que decoraba, antes da Desamortización, o patio do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (hoxe parador nacional). Nela atopamos sereas, cariátides e, segundo ascendemos, a Eros con dúas aguias sobre a súa cabeza.

Rodean a praza polo oeste soportais e construcións do século XV e, en fronte, o magnífico palacio que construíu a comezos do s. XVI don Juan Fernández de Boan y Landecho, cuxas armas campan na fachada.

Antigo mercado de utensilios de labranza, está considerada un dos núcleos culturais de Galicia polo gran número de intelectuais que aquí viviron ou naceron.

A praza está considerada un dos núcleos culturais de Galicia, xa que na súa contorna naceron ou viviron boa parte dos grandes escritores e estudiosos da cultura galega: Vicente Risco, Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Xoaquín Lorenzo “Xocas” e Eduardo Blanco Amor.