A Chavasqueira

A Chavasqueira

Campo da feira S/N, 32001

Ver no mapa

Consignas e vestuarios: 10.00 - 19.00 h

Conxunto de piscinas naturais ao aire libre no comezo da ruta Termal do Miño. Trátase da zona de baño máis próxima ao centro urbano.

A Chavasqueira é a primeira zona termal que atoparemos na Roteiro termal do Miño,  a poucos metros da espectacular Ponte do Milenio. É a zona de baño nas marxes fluviais máis  próxima ao centro urbano. Trátase dun conxunto de pequenas piscinas naturais ao aire libre, adaptadas para o baño e construídas en pedra, onde a auga rolda os 40° de temperatura.

O lugar coñecíase antigamente como «Caldas do Bispo», en referencia ao Cardeal Quevedo, quen no século XIX ordenou acondicionalas para maior comodidade dos enfermos que acudían ao lugar buscando a cura termal. O propio bispo adecuou un espazo para o seu goce privado, un fornelo de pedra que se pode ver no interior da estación termal. O conxunto está ademais intimamente ligado ao xa desaparecido balneario das Caldas.

As piscinas atópanse nunha gran zona verde de lecer e contan con vestiarios, aseos e consignas para uso dos bañistas.

Xunto a beira do río, xa na auga, asómase a escultura dunha serea, obra do escultor Acisclo Manzano, que dependendo do caudal ás veces pode verse na súa totalidade ou parcialmente cuberta.

As augas da Chavasqueira son de mineralización débil, litínicas, alcalinas, fluroadas, sulfuradas e silicatadas. Polas súas propiedades están especialmente indicadas para afeccións da pel e do aparello locomotor.