Muíño da Veiga

Ver no mapa

Consignas e vestiarios: 10.00 - 19.00 h

Conxunto de termas para o baño ao pé dun antigo muíño nas beiras do río Miño.

Esta instalación atópase temporalmente fóra de servizo (Febrero 2019)

Situado practicamente no leito do río Miño, trátase dun conxunto termal ao aire libre ao pé dun antigo muíño en madeira (unha acea) totalmente restaurado, do cal toma o nome. Está rodeado dunha ampla zona verde recreativa, que se funde coa vexetación de ribeira do lugar.

O conxunto fórmano cinco piscinas: un vaso principal de 200 m2, un segundo de 130 m2 e outros dous máis pequenos de 55 e 45 m2, ademais dun vaso de auga fría para baños de contraste. A auga de baño rolda aquí os 40º C. Todo o recinto está alimentado por varias surxencias manando a temperaturas de entre 65 e 72º C, algunhas das máis quentes da Península.

As augas destas termas son de mineralización débil e alcalinas: bicarbonatadas-sódicas, fluoradas e silicatadas.

Como chegar

O Tren das Termas, con saída da Praza Maior, fai parada nesta zona. É a alternativa de transporte máis cómoda.

A zona termal de Muíño da Veiga é de acceso peonil. O aparcadoiro máis próximo atópase a poucos metros, con acceso desde a N-120, ao outro lado da pasarela peonil. Tamén é posible aparcar na contorna de Muíño da Veiga. Ambos aparcadoiros son gratuítos.

  • Aparcadoiro Reza (Pozas Maimón) Ver en mapa
  • Aparcadoiro Muíño da Veiga Ver en mapa – Non apto para autobuses

LEMBRA:

Cando realicedes a busca nos vosos GPS dirixídevos ao aparcadoiro, non a zona de baño, para unhas indicacións correctas.