Outariz e Burga de Canedo

Lugar de Outariz, S/N, 32001

Ver no mapa

Consignas e vestiarios: 10.00 - 19.00 h

A zona termal máis grande da cidade.

Esta é a zona termal máis grande da cidade, con múltiples espazos para o baño que se estenden pola marxe dereita do río Miño. Trátase dous conxuntos de piscinas termais ao aire libre situados nunha gran área recreativa axardinada, cun espazo infantil con randeeiras.

A zona de Outariz conta cunha piscina de auga fría e tres de auga quente, mentres que na Burga de Canedo conviven unha piscina de auga fría e tres dobres de quente. Unha pasarela peonil conecta a zona de baño coa outra beira do río, onde existe unha ampla zona de aparcadoiro. A zona de baño conta con vestiarios con consignas e aseos a disposición dos usuarios.

As augas da zona son de mineralización débil, hipertermais, alcalinas, fluoradas e silicatadas. Afloran en varios puntos entre as gretas da roca granítica, con amplos caudais cunha temperatura ao redor dos 60º C. Están indicadas para doenzas dermatolóxicas e do aparello locomotor.

Como chegar

A zona de Outariz e Burga de Canedo é de acceso peonil. O aparcadoiro máis próximo atópase na zona de Reza, ao outro lado da pasarela peonil. Tamén é posible aparcar na contorna de Muíño da Veiga. Ambos aparcadoiros son gratuítos.

  • Aparcadoiro Reza (Pozas Maimón) Ver en mapa
  • Aparcadoiro Muíño da Veiga Ver en mapa – Non apto para autobuses

LEMBRA:

O nome «Outariz» fai referencia a un lugar de Ourense, non ás zonas termais: á hora de realizar a procura no voso GPS incluíde tamén os termos «termas» ou «aparcadoiro».