Como chegar: Tren das Termas

Este curioso tren converteuse nun clásico da cidade e levaravos comodamente até as beiras termais do Miño. Tamén atoparedes pistas sobre outros medios de transporte.

Desde a Praza Maior, no Centro Histórico, as termas da Chavasqueira (as máis próximas ao centro urbano) atópanse a algo máis de dous quilómetros a pé; podedes facer este traxecto nun paseo que vos levará unha media hora. Pero se queredes achegarvos a Outariz e Burga de Canedo, as últimas piscinas da Ruta Termal do Miño, a distancia aumenta até os 7 quilómetros. A alternativa máis cómoda é que utilicedes o Tren das Termas, que vos levará á zona termal de Outariz a través do corredor fluvial, con parada en todas as termas e cruzando os arcos da Ponte Vella, nun traxecto de algo máis de 30 minutos no que gozaredes dunhas bonitas vistas de Ourense. O tren sae da Praza Maior e podedes comprar alí directamente o billete a quen conduza. O prezo é o mesmo que o billete do autobús urbano, 0,85 €.

Existen dúas liñas máis de autobús ordinario que dan servizo parcialmente ás zonas termais do Miño. A liña 26 (Chavasqueira-Residencia) levaravos até este conxunto de piscinas ao comezo da Ruta, mentres que a liña 5 (Reza-Ceboliño) deixaravos no aparcadoiro de Pozas de Maimón, desde onde só teredes que cruzar a pasarela peonil para estar na área de Outariz e Burga de Canedo.

HORARIOS

Tren das Termas (tempada de verán)

  • Praza Maior: 10, 11, 12, 13, 16, 17, 18, 19, 20 h
  • Outariz: 11, 12, 13, 14, 17, 18, 19, 20, 21 h

L26 – Parada: Parque de San Lázaro – Laborables cada 30 minutos. Sábados, domingos e festivos, cada 70 minutos.

L5 – Parada: Parque de San Lázaro – Cada 80 minutos.

988 510 672 | www.urbanosdeourense.com

Se queredes unha sesión nocturna de termas, os taxis da cidade coñecen ben a zona e recolleranvos sen problema. Teletaxi: 988 210 011

Ás termas en coche

Se preferides utilizar vehículo propio, debedes saber que a ruta termal do Miño é peonil e non poderedes transitar por ela. No entanto, existen tres zonas de aparcadoiro gratuíto moi próximas desde as que acceder comodamente ás termas.

  • Campo da Feira: acceso desde a rúa Ribeiriño. Próximo á Chavasqueira e O Tinteiro.
    Coord. GM: 42.34837, -7.91156
  • Muíño da Veiga: acceso desde a N-120 (sinalizado). Próximo a Muíño da Veiga e Outariz.
    Coord. GM: 42.35234 , -7.90993
  • Pozas de Maimón: acceso desde OU-402. Próximo a Outariz e Burga de Canedo.
    Coord. GM: 42.34837, -7.91156
  • Ver aparcadoiros en mapa

En bicicleta

Este vehículo de dúas rodas ofrece a magnífica oportunidade de gozar da Ruta Termal do Miño de forma diferente. Na Chavasqueira e Outariz existen puntos de recollida do servizo municipal de aluguer de bicicletas.
Ler máis

Compartir

Roteiro termal do Miño: termas e natureza

A arteria verde da cidade concentra numerosos espazos termais onde descansar e desconectar da rutina.

A arteria verde da cidade concentra numerosos espazos termais onde descansar e desconectar da rutina.

Ler máis

Como chegar e moverse
Como chegar e moverse

Ler máis