As ribeiras do río Miño constitúen a grande arteria verde da cidade, varios quilómetros de exuberante vexetación polos que pasear, correr ou ir en bicicleta mentres admiramos a natureza e a paisaxe. No seu tramo máis occidental, despois da Ponte do Milenio, atopamos numerosos mananciais de auga termal, moitos deles acondicionados para o baño… Unha desas cousas que non podes perder se nos visitas.

O Roteiro Termal do Miño fórmano cinco quilómetros de senda peonil onde se concentran ata sete instalacións termais nas que descansar e relaxarnos mentres gozamos dun baño en plena natureza, sexa inverno ou verán.

A ruta comeza na marxe dereita do río, na zona termal da Chavasqueira, a máis próxima á cidade. Aquí poderemos elixir entre o ambiente de inspiración xaponesa da pequena estación termal da Chavasqueira ou un baño baixo as estrelas nas piscinas exteriores de acceso gratuíto.

O camiño continúa ata O Tinteiro, unha fonte-mirador moi frecuentada polos veciños da cidade e, desde aquí, á zona termal de Muíño da Veiga coas súas catro piscinas. Un pouco máis adiante, a Estación Termal de Outariz ofrece tratamentos de beleza, sauna e dous circuítos termais a prezos moi competitivos. Xusto antes da pasarela que cruza á marxe oposta atoparemos as piscinas de Outariz e Burga de Canedo, o maior centro de actividade termal en Ourense, ademáis de uso gratuíto. Na outra ribeira, en Reza, continúa o roteiro polo Paseo das Ninfas, onde veremos o último espazo termal desta zona, a fonte de Reza.

1
A Chavasqueira
2
Termas A Chavasqueira
3
Fonte do Tinteiro
4
Muíño da Veiga
5
Termas de Outariz
6
Outariz e Burga de Canedo
7
Fonte de Reza

A Chavasqueira

Termas A Chavasqueira

Fonte do Tinteiro

Muíño da Veiga

Termas de Outariz

Outariz e Burga de Canedo

Fonte de Reza

Pechar
A Chavasqueira

Conxunto de piscinas naturais ao aire libre no comezo da ruta Termal do Miño. Trátase da zona de baño máis próxima ao centro urbano.

Pechar

Por causa do grave incendio producido o 24 de abril de 2019 estas instalacións están temporalmente fóra de servizo

Pechar

Unha das fontes termais máis queridas na cidade.

Pechar

Conxunto de termas para o baño ao pé dun antigo muíño nas beiras do río Miño.

Pechar
Termas de Outariz

Un lugar de paz e relaxación a través das augas termais.

Pechar

A zona termal máis grande da cidade.

Pechar
Fonte de Reza
title_grouping

Este manancial no Paseo das Ninfas está alimentado por unha veta termal que cruza o Miño desde a ribeira oposta, cunhas augas moi similares ás da fonte do Tinteiro.