Visitas ao campanario da Catedral

O 14 de marzo a Catedral organiza visitas para descubrir a súa torre campanario, que pronto se incorporará aos percorridos turísticos do templo.

A Catedral de San Martiño comezará a abrir o seu campanario para visitas en grupo: un atractivo engadido ao percorrido cultural que xa se realiza de forma habitual. Para dar a coñecer este singular recuncho, o vindeiro xoves 14 ofreceranse visitas especiais dunha hora de duración dirixidas aos veciños de Ourense. Nelas, os asistentes poderán coñecer os segredos do templo da capital e subir á torre campanario, desde onde se divisan fermosas vistas da cidade.

Esta actividade, destinada á poboación local e que fai fincapé no coñecemento do patrimonio artístico ourensán, terá un prezo especial de 2 €. As persoas insteresadas poderán anotarse na propia catedral, a través do teléfono (608 505 531) ou no correo electrónico courense@artisplendore.com facilitando nome completo, teléfono e DNI.

Estableceranse catro quendas de visitas, que se organizarán en grupos de 15 persoas: 11.00, 12.00, 13.00 e 17.00 horas.

O Concello de Ourense colabora nesta actividade acompañando aos grupos de visitantes no percorrido pola catedral, que será guiado por técnicos municipais.